Aviso Legal

1. IDENTIFICACIÓN DO TITULAR DA WEB

En cumprimento da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, infórmase de que os datos identificativos do titular do sitio web https://www.nuevapescanova.com/ son os seguintes:

Razón social: Nueva Pescanova, S.L.

CIF/NIF: B94123908

Rexistro: sociedade rexistrada no Rexistro Mercantil de Pontevedra, no folio 40 do libro 4054 de Sociedades, inscrición 1.ª da folla PO-58757.

Domicilio social: rúa José Fernández López, s/n, 36320, Chapela-Redondela (Pontevedra, España)

Teléfono: +34 986818100

Fax: +34 986818393

Para os efectos aclaratorios, Nueva Pescanova, S.L., quedará identificada en todo o documento como “o titular”.

2. OBXECTO

Mediante este aviso legal e condicións xerais de uso da web o titular informa os usuarios da páxina web da súa propiedade https://www.nuevapescanova.es/ (en diante, “portal” ou “web” indistintamente), sobre as condicións de uso desta.

O presente aviso legal e condicións xerais de uso son aplicables a aquelas persoas físicas maiores de 18 anos, ou persoas xurídicas, que accedan aos contidos da web e/ou fagan uso dos servizos prestados na web. Os menores de 18 anos ou incapaces deberán facer uso da web baixo a enteira responsabilidade dos seus pais, representantes ou titores legais, e estes deberán acompañar, supervisar ou tomar as precaucións oportunas durante a navegación daqueles polas páxinas web.

3. CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

A utilización da web require de conexión a internet. A dispoñibilidade e a calidade do acceso non dependen do titular. O titular non se responsabiliza de ningún aspecto relacionado co servizo de acceso a internet do usuario.

O acceso á web é libre e atribúelle a quen o realiza a condición de usuario. O usuario debe pois, ler e entender o presente aviso legal e condicións xerais de uso antes de proceder á navegación e/ou uso dos servizos, o que supoñerá a súa expresa aceptación e adhesión a estas, e queda vinculado por este, así como demais documentación relacionada, polo que se non está vostede de acordo con toda ela non debe usar esta web.

O usuario obrígase a:

  • Utilizar a web de conformidade coa lexislación vixente, o presente aviso legal e condicións xerais de uso, respectando os dereitos de propiedade intelectual do titular ou de terceiros, os bos costumes, a boa fe e a “netiqueta”, é dicir, ao conxunto de normas de comportamento xeral na internet;
  • Realizar un uso dilixente dos recursos e a non realizar, a través dos servizos que pon á súa disposición o titular, ningunha acción que cause dano ou alteracións dos contidos ou obstaculice o bo funcionamento do portal, e comprométese expresamente polo só uso desta a non causar problemas técnicos de calquera índole, transferir elementos susceptibles de portar virus informáticos ou danar, interferir ou interceptar total ou parcialmente o portal;
  • O usuario aceptará os termos e condicións dun servizo ou recurso concreto cando estas fosen necesarias, o que será explicitamente requirido no seu caso e;
  • Non poderá facer uso da web fóra dos termos aceptados polas presentes condicións de uso, concretamente para fins ilícitos, contrarios á lei, a moral ou á orde pública en calquera das súas expresións, ou constitutivas de delito. En ningún caso, realizará accións que resulten ofensivas para o bo nome e imaxe comercial do titular, outros usuarios do portal ou para terceiros.

De igual maneira, en caso de permitirse comentarios ou entradas de opinións, o titular non se responsabilizará en ningún caso das opinións vertidas por terceiros, aínda que se reserva o dereito para retirar ou mesmo non publicar aqueles que resulten ofensivos ou inapropiados ou, na súa falta, cando tivese coñecemento efectivo do contido do publicado.

O titular reservase o dereito para denegar ou retirar o acceso á web en calquera momento e sen necesidade de aviso previo a aqueles usuarios que non cumpran as presentes condicións xerais de uso.

4. PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O titular posúe todos os dereitos sobre os contidos que se mostran na web, e en especial posúe todos os dereitos sobre ela, os seus logos, nomes comerciais, marcas, debuxos industriais, estrutura, imaxes, deseños, textos, gráficos, botóns, elementos constitutivos do código obxecto, a programación e enxeñería do código fonte ou calquera outros signos susceptibles de utilización industrial e comercial. Todos estes elementos, ademais das publicacións incluídas, están protexidos pola normativa española e europea sobre propiedade intelectual e industrial e atópanse suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial do titular e/ou de terceiros titulares destes, que autorizaron debidamente a súa inclusión no portal.

En ningún caso se entenderá que se concede licenza ningunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos nin se confire ningún dereito nin expectativa de dereito. Queda totalmente prohibida calquera alteración, reprodución, adaptación, modificación ou comunicación pública da totalidade ou parte dos contidos da web, efectuada de calquera forma ou por calquera medio, mecánico, manual ou outro, sen a autorización previa e expresa do titular.

Non se poderá establecer ningún vínculo a esta web desde calquera outra web sen o previo e expreso consentimento do titular. Calquera ligazón realizada á web haberá de dirixirse á “home” ou páxina de inicio, e prohibirase a realización de ligazóns profundas ou dirixidas a outros contidos distintos do mencionado.

De igual maneira queda prohibida a práctica de navegación sobre marcos ou “frames”.

A existencia de enlaces de terceiros na web do titular, salvo manifestación expresa en contrario, facilítanse para os efectos informativos, sen que o titular teña control ningún sobre o contido ou materiais destes. Por tanto, o titular non acepta ningún tipo de responsabilidade por calquera dano ou perda derivado do seu uso. O titular resérvase o dereito de retirar de modo unilateral e en calquera momento os links que aparecen na súa web.

5. RESPONSABILIDADE DO TITULAR

O titular realiza todos os seus mellores esforzos por manter actualizada a súa web para que o usuario poida acceder a esta en todo momento e para que a web non sufra interrupcións, pero non pode garantir a ausencia de fallos tecnolóxicos, nin garantir a permanente dispoñibilidade do portal e dos servizos contidos nel. En consecuencia, o titular non se fará responsable polos danos e perdas de natureza que puidesen derivarse de, con carácter meramente enunciativo e non limitativo (i) a falta de dispoñibilidade do portal, de fallos no acceso debido a desconexións, avarías, sobrecargas ou caídas da rede, internet ou outros sistemas electrónicos, non imputables ao titular, (ii) suspensións temporais do portal, (ii) virus informáticos ou (iii) por causas de forza maior.

No caso de usuarios menores de idade ou incapaces serán os seus pais, representantes ou titores legais, os responsables de que estes accedan á web, aos produtos ou contidos, ou se rexistren, polo que lles recomendamos acompañar, supervisar ou tomar as precaucións oportunas durante a navegación por páxinas web.

6. MODIFICACIÓN DO AVISO LEGAL E SUSPENSIÓN DA WEB

O titular resérvase o dereito de actualizar, modificar ou eliminar o aviso legal e as condicións, a súa configuración, as prestacións e servizos en calquera momento e sen necesidade de aviso previo.

O titular poderá, sen necesidade de aviso previo, suspender temporalmente o contido da web por razóns de mantemento ou reparación dos seus sistemas e introducir os cambios que estime oportunos nesta. O titular exclúe calquera responsabilidade polos danos e perdas de calquera natureza derivados do exercicio das facultades definidas neste apartado.

7. COMUNICACIÓNS E NOTIFICACIÓNS

As comunicacións e notificacións por parte do usuario ao titular, deberán efectuarse a través do formulario de “CONTACTO” da web (https://www.nuevapescanova.com/contacto/), e deberanse cubrir os campos marcados como obrigatorios e ler e aceptar expresamente a política de privacidade mediante o marcado da casa habilitada para o efecto. As comunicacións do titular ao usuario realizaranse conforme os datos facilitados polo usuario no formulario de contacto.

8. PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

O titular adoptou todas as medidas de seguridade, tanto técnicas como organizativas, esixidas pola normativa en protección de datos, máis concretamente segundo a Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais e o Regulamento 2016/679 europeo de protección de datos (Regulamento xeral de protección de datos). Poderá atoparse toda a información a este respecto no apartado denominado Política de Privacidade.

9. NULIDADE DAS CLÁUSULAS

Se calquera contido deste aviso legal e condicións xerais de uso do portal fose declarada total ou parcialmente nulo ou ineficaz, por resolución firme ditada por unha autoridade competente, a dita declaración afectará tan só ao contido ou parte deste que resulte nulo ou ineficaz, e permanecerá en vigor o resto de termos deste aviso legal e condicións xerais de uso. Nese caso terase tal contido ou a parte deste que resulte afectada, por non posto, e o titular efectuará as modificacións pertinentes no período de tempo máis breve posible.

10. LEXISLACIÓN E XURISDICIÓN APLICABLE

O presente aviso lei e condicións xerais de uso do portal, así como calquera relación entre o titular e o usuario, queda sometida á lexislación española.

Con carácter xeral, calquera controversia que puidese xurdir en relación coas presentes condicións someterase aos xulgados e tribunais da cidade de Vigo, con renuncia a calquera outro foro. Se o usuario tivese a condición de “Consumidor” conforme ao Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias, serán competentes os xulgados e tribunais do domicilio do consumidor para resolución de calquera controversia que puidese xurdir.