José María Benavent Valero
Presidente do Grupo Nueva Pescanova
José María Benavent Valero é Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid, Programa de Desenvolvemento Directivo (PDD) por IESE, e AMP polo MIT Business School (Cambridge, MA, USA).
Benavent iniciou a súa carreira profesional en 1989 como analista do servizo de estudos do Banco de España ata a súa incorporación a Caixabank en 1994, onde ocupou diversas funcións no departamento de riscos ata asumir posteriormente o de responsable de riscos. En 1998, e con motivo da liberalización do sector das telecomunicacións en España, pedíuselle participar no lanzamento dunha compañía telco, R-Cable, da que foi o seu CFO ata 2015, ano en que continuou a súa traxectoria profesional no sector como director financeiro do Grupo Euskaltel.
Benavent foi distinguido co premio ó Mellor CFO da VI edición dos Premios á Excelencia Financeira que concede a Asociación Española de Financeiros de Empresa (ASSET).
No ano 2018 asume o cargo de membro independente do Consello de Administración de ABANCA Servizos Financeiros e da súa Comisión de Auditoría e Risco. En xuño de 2019 incorpórase como conselleiro do Grupo Nueva Pescanova e en abril de 2020 é nomeado presidente executivo da compañía.