Que facemos

Do mar a mesa

O Grupo Nueva Pescanova é unha multinacional española especializada na captura, cultivo, produción e comercialización de produtos do mar, que naceu para revolucionar a industria pesqueira e levar a frescura do mar á mesa do consumidor.

Con cerca de 12.000 empregados en catro continentes, é unha das únicas multinacionais de produtos do mar presente en toda a cadea de valor, desde a orixe ata a súa venda.

O compromiso coa sociedade é un sinal de identidade da nosa compañía. É por iso que apostamos pola Responsabilidade Corporativa, as boas prácticas en materia de calidade e medio ambiente e a constante innovación.

pescamospescamos_on
cultivamoscultivamos_on
elaboramoselaboramos_on
comercializamoscomercializamos_on

O control desde a orixe ata a súa comercialización é un dos nosos valores diferenciais, o que permite a rastrexabilidade en toda a cadea para ofrecerlles sempre a mellor calidade aos consumidores.