A nosa historia
Referentes desde 1960
2015

Nace o Grupo Nueva Pescanova
- O Grupo Nueva Pescanova nace en 2015, tras un proceso de refundación societaria de Pescanova S.A. O resultado é unha compañía nova, que herda a historia e logros da súa predecesora, que conta con todos os seus activos e medios materiais e persoais e que renace como Nueva Pescanova, S.L. cun proxecto ilusionante de crecemento e innovación.
2016



- Incorporación do novo CEO e creación do Consello.
- Posta en marcha do Plan Estratéxico 2016-2020.
- Aprobación do código ético.
2017



- Ampliación de capital.
- Inversión de 42,5 millóns de euros na construción de novos barcos para Namibia e Mozambique.
- Aprobación do proxecto para a construción do Pescanova Biomarine Center.
- Posta en marcha do proxecto LegoNova e implantación de SAP cun presuposto de 9 millóns de euros.
- Lanzamento de novos packs e produtos.
2018


- Ampliación de capital do 15% ao 45% na compañía Abad Overseas con tres plantas procesadoras de lagostino no sureste de India.
- Compra da sociedade Unickfish en Sudáfrica de venta de retail.
- Relanzamento da icona Rodolfo Langostino cunha nova gama de lagostinos conxelados e refrixerados.
2019



- Entrega do primeiro dos buques da nova frota: o Lalandii 1, destinado á pesca de pescada en Namibia.
- Peche, por primeira vez na historia, do ciclo de reprodución do polbo en acuicultura por investigadores do Grupo Nueva Pescanova.
- Inicio da transición enerxética nas fábricas do Grupo coa instalación da primeira planta solar fotovoltaica en Namibia.
- Estrea do documental “La Ciudad que Nació del Mar”, que lle dá visibilidade ao labor de RSC da compañía a través do exemplo de desenvolvemento da cidade de Lüderitz (Namibia).
- A compañía é recoñecida como a primeira empresa pesqueira do mundo pola súa contribución aos ODS.
2020



- ABANCA convértese no accionista maioritario do Grupo.
- Renovación do Consello de Administración e nomeamento de José María
Benavent como presidente executivo. - Entrega do “Ponta Matirre”, “NovaNam One” e “NovaNam Two”, novos
buques para a renovación da frota en Namibia e Mozambique. - Adhesión aos Principios para un Océano Sostible da ONU.
- Firma da Declaración de Líderes Empresariais para a Cooperación
Global das Nacións Unidas.
2021



- O Grupo aproba unha capitalización de deuda por valor de 542,2 millóns de euros, desfacéndose da deuda herdada.
- Entrega do “Ponta Macalonga” e “Ponta Timbue”, novos buques para a pesca de lagostino en Mozambique.
- Peche dun acordo con Microsoft para avanzar en materia de acuicultura 4.0.
- Presentación de PeZcado Capital, o primeiro restaurante virtual do Grupo.
- Instalación dun total de sete plantas fotovoltaicas en España e Namibia.
- Colaboración con Repsol para incorporar un novo sistema de xestión enerxética en acuicultura.
- Adhesión á rede IBM Food Trust para garantir a trazabilidade dos produtos.
- Lanzamento de “La Pasta del Mar” xunto ao chef Ángel León.
- Aposta polo e-commerce co lanzamento dunha tenda online.
- Inauguración do Pescanova Biomarine Center
2022



- O Grupo lanza o seu primeiro Programa de Pagarés Vinculado a la Sostenibilidad en el MARF, demostrando así o seu compromiso para garantir a sostibilidade social e medioambiental de todas as súas actividades.
- Adhesión a oos Principios para o Empoderamento das Mulleres (WEPs) da ONU.
- Instalación de dous novos parques solares nas las fábricas de Valencia. De este modo, son xa nove os centros do Grupo que contan con instacacións de enerxía solar fotovoltaica.
- Lanzamento dunha nova variedade da Pasta do Mar: os fideos de bacallau.
- Pescanova revoluciona o mercado lanzando unha nova categoría pioneira en Europa: o surimi de salmón noruego.
- Os fideos de salmón, variedade de a Pasta do Mar, reciben o premio ó Mellor Produto de Retail e Mellor Produto de Innovación nos prestixiosos Seafood Excellence Awards.
A grande historia de Pescanova
OS 60

O nacemento dunha nova era na industria pesqueira.
Nace Pescanova.
- Pescanova naceu en 1960 en Vigo baixo unha pregunta: poderíase capturar o peixe e transportalo desde puntos afastados sen que se deteriorase nos longos meses de travesía
- Constrúe en 1961 o “Lemos”, o PRIMEIRO BUQUE CONXELADOR DO MUNDO, que empeza a sucar mares revolucionando a industria pesqueira a nivel mundial.
- Con poucos meses de diferenza, Pescanova bota outros barcos: “Andrade”,“Pambre”, “Doncos”, “Soutomaior” e “Sobroso”. Os buques conxeladores posibilitaron o descubrimento dasmellores pesqueiras do hemisferio sur. A súa evolución propiciou o maior desenvolvemento mundial da industria pesqueira.
- En 1963 constrúense dous rampleiros: o “Vimianzo” e o “Villalba”, os primeiros buques de España que no canto de pescar por un costado o fan por popa. Unha nova revolución que aumenta a capacidade pesqueira de Pescanova.
- Pescanova instálase en Chapela (Pontevedra) tras a compra da empresa COPIBA, que secaba e almacenaba bacallau e transformouse en cámaras frigoríficas e área de elaboración, onde se envasaban os filetes de pescada en bolsas comerciais sen desconxelar e estableceuse unha área de produción de toros de pescada, serrando os bloques conxelados a bordo.
- A finais dos anos 60, Pescanova xa tiña 100 barcos pescando en diversos lugares do mundo.
OS 70



A consolidación e desenvolvemento noutros países
- Pescanova desenvolve a principal rede loxística de conxelados en España con 60 camións frigoríficos e 100 isotérmicos, que permiten distribuír os produtos por toda España.
- Anos de expansión internacional, nos que se introduce en diferentes rexións, investindo e creando nelas compañías que axudan ao desenvolvemento das súas comunidades locais.
- Pescanova convértese no maior armador de occidente, situando a Galicia e a España á cabeza da industria pesqueira do mundo.
- Nace a icona da compañía e icona publicitaria, Rodolfo Lagostino.
- Nace o reclamo que identificará posteriormente durante anos a marca Pescanova: “O bo sae ben”.
OS 80



O desenvolvemento lexislativo e a contribución local
- Acceso a novas augas, estendendo a actividade pesqueira mediante a fundación de empresas en Chile, Arxentina, Australia etc.
- Participación activa na creación dun marco xurídico para a industria pesqueira en España coa fórmula das empresas mixtas.
- Os nosos produtos empezan a conquistar mercado en Francia e Portugal, onde se crean filiais.
- Construción de dúas fábricas para o procesamento de peixe e produtos preparados e precociñados en Pontevedra e A Coruña.
- Primeiros pasos en acuicultura.
OS 90






A aposta pola sustentabilidade e a acuicultura
- Forte aposta pola acuicultura cos cultivos de salmón en Chile, de lagostino no sur e de rodaballo no norte de España.
- Creación de NovaNam Ltd. en Namibia, maior fábrica de procesado de pescada en África e mellor exemplo de apoio e desenvolvemento ás comunidades locais.
- Pescanova comeza a súa andaina en Italia e EUA.
- A icona publicitaria Capitán Pescanova irrompe nos fogares como prescritor da marca.
- Creación doutra icona publicitaria, o Grumete Pescanova.
De 2000 a 2013






- Potenciación da acuicultura co desenvolvemento e procesado de lagostino vannamei en Nicaragua, Honduras, Guatemala e Ecuador, mediante a compra de diversas sociedades cultivadoras.
- Consolidación do modelo de integración vertical da compañía: pescamos, cultivamos, transformamos e comercializamos.