Ética, integridade e cumprimento normativo
No Grupo Nueva Pescanova comprometémonos a velar por un comportamento ético, íntegro, responsable e transparente, de todas as compañías do Grupo e dos seus empregados. Por iso dotámonos dun Sistema Normativo de Goberno Corporativo e Cumprimento, integrado polo Noso Código Ético e outras normas internas.
A guía principal de actuación é o Noso Código Ético, que contén as regras de actuación da empresa e dos seus empregados e colaboradores. Todos os nosos empregados e órganos de dirección asumen e comprométense co Noso Código Ético.
Estes compromisos tamén están reflectidos na Carta Ética e Social do Provedor, que recolle os principios e normas de conduta empresarial que esiximos aos nosos provedores, entre os que destacan o compromiso cos dereitos humanos e laborais, o cumprimento da legalidade, a honestidade e integridade, a transparencia, a sostibilidade, a calidade e a seguridade alimentaria.
Dentro do noso Sistema Normativo Interno destacan igualmente:
- a nosa Política Corporativa de Prevención de Riscos Penais
- o Código Anticorrupción do Grupo Nueva Pescanova para a prevención de prácticas corruptas.
A Unidade de Cumprimento é un órgano colexiado de carácter interno e permanente, dotado de autonomía e independencia de actuación, con reporte directo ó Consello de Administración do Grupo e que ten encomendadas, entre outras función, a de velar polo efectivo respecto e cumprimento das nosas normas éticas, de integridade e cumprimento normativo (Compliance).
A Unidade de Cumprimento é o órgano que tramita e resolve as comunicacións que se reciben a través do noso CANLE DE DENUNCIAS, cuxas condicións de uso, normas de funcionamento, principios informadores e regras de procedimento.