Programa de Nutrición e Saúde

No Grupo Nueva Pescanova entendemos que a nutrición é un piar fundamental na sociedade actual, onde a calidade dos alimentos e o estilo de vida xogan un papel fundamental para o crecemento e mantemento dunha boa saúde en todas as etapas da vida. O noso obxectivo é contribuír positivamente ao benestar e a saúde de todas as persoas que forman parte da nosa cadea de valor. É por iso que temos unha aposta firme pola nutrición no tocante aos nosos produtos, á nosa xente e ás comunidades nas que estamos presentes.

 

Produto

O noso compromiso é facilitar o acceso de produtos do mar nutritivos, sans, saborosos e innovadores, producidos de forma responsable, aos mercados. O Principio 3º da nosa Política de Sustentabilidade formaliza o noso compromiso coa nutrición e a saúde a través dos nosos produtos establecendo que: “Os nosos produtos contribúen positivamente á saúde e ao benestar dos nosos consumidores“. Materializamos este principio nos seguintes 5 compromisos nutricionais:

Cada un destes compromisos desagrégase nunha serie de principios, accións e obxectivos que poden consultarse na memoria detallada do Compromiso Nutricional cos Nosos Produtos.

 

Persoas

As nosas persoas son o principal activo da nosa empresa e é unha aposta do Grupo por garantir a saúde e o benestar dos traballadores promovendo un ambiente de traballo saudable para todos.

Por este motivo, implantamos un Programa de Nutrición e Saúde para a nosas Persoas que se basea en 4 compromisos:

E cuxos obxectivos, actuacións e avances poden consultarse no detallado informe do Compromiso Nutricional coas Nosas Persoas.

 

Comunidades

O Principio 4º da nosa Política de Sustentabilidade establece que “Contribuímos positivamente á Calidade de Vida das comunidades nas que vivimos e traballamos”.

Contribuír positivamente á calidade de vida das nosas comunidades implica contribuír á mellora do seu estado nutricional e por iso manifestamos o noso compromiso de mellorar a calidade dos alimentos na contorna que estamos presentes, abordando a inseguridade alimentaria e a desnutrición cunha especial atención. céntrase nos grupos de poboación vulnerables e nos traballadores das nosas cadeas de subministración.

Os obxectivos, accións e avances do Programa pódense consultar no informe detallado sobre o programa Compromiso Nutricional coas Nosas Comunidades.

planetaplaneta_on
personas-off-galpersonas-on-gal
producto-on-galproducto-off_gal
comunidadescomunidades-on