Materialidade
Relacións cos nosos grupos de interese
A Política Corporativa de Relacións Institucionais do Grupo Nueva Pescanova ten como obxectivo establecer e desenvolver un marco de Relacións Institucionais cos nosos grupos de interese baseado na colaboración, a transparencia, a implicación e a comunicación bidireccional capaz de construír relacións de confianza de forma continuada. Estas relacións baséanse en sólidos principios de ética empresarial e integridade institucional, igualdade de trato, non discriminación e escoita activa, que permiten ter en conta os lexítimos intereses e expectativas dos colectivos, para informar de forma eficaz sobre as actividades e negocios do Grupo Nueva Pescanova.
Partindo destes principios, deseñamos o noso plan de Xestión das Relacións cos Grupos de Interese, recoñecendo que é unha cuestión esencial para pautar, entre outras, as nosas estratexias de materialidade e transparencia, axudándonos a asegurar un modelo de negocio responsable e sustentable.
Queremos seguir promovendo a implicación dos nosos grupos de interese na creación de valor compartido polas empresas do Grupo Nueva Pescanova, en resposta aos seus lexítimos intereses e expectativas, para xerar confianza e consolidar a reputación corporativa do Grupo, así como para reforzar a implicación coas comunidades nas que estamos presentes, promovendo o seu desenvolvemento sustentable.
Análise de materialidade
No Grupo Nueva Pescanova queremos aliñar a nosa estratexia de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) coas prioridades expresadas polos nosos grupos de interese mediante a elaboración dunha análise de materialidade. O exercicio de materialidade axúdanos a identificar as accións máis relevantes e prioritarias a implementar polas empresas do Grupo nas súas diferentes áreas de negocio.
Seguimos unha metodoloxía estandarizada proposta pola Global Reporting Initiative (GRI) para a definición dos aspectos relevantes, a consulta aos grupos de interese internos e externos, a priorización e identificación de aspectos materiais e a súa validación.
Baseándonos nos 4 alicerces do noso plan director de RSC (Planeta, Persoas, Produto e Comunidades), abrazados pola Ética, a integridade e o cumprimento normativo, identificamos 27 aspectos relevantes.
A partir da consulta de priorización identificáronse 13 aspectos materiais, destacando 4 pola súa relevancia: A pesca e acuicultura responsable (ET3) e sostible (PL4) son elementos esenciais no desenvolvemento das principais actividades produtivas do Grupo, seguridade e calidade alimentaria (PR1) na elaboración e subministración dos nosos produtos alimentarios á sociedade, son requisitos que impoñen a todos e cada un dos elos da cadea de valor da nosa empresa desde as orixes pesqueiras e acuícolas, ata os mercados, e a Seguridade e saúde dos nosos traballadores (PE3) son a base que nos permite ofrecer unhas excelentes relacións laborais aos nosos máis de 11.000 empregados.
En cumprimento dos obxectivos do estudo de materialidade, propuxemos plans de actuación a impulsar polas diferentes áreas de negocio e Departamentos do Grupo e que se incorporan ao plan director de RSC 2023-2024. Realizarase un seguimento da implantación de medidas específicas nestes plans para verificar ou garantir o cumprimento dos programas implantados polas Direccións de RSC e Sustentabilidade, en clara aliñación co Plan Estratéxico 2020-2024 do Grupo “Rumbo ao Valor”.
Para coñecer en detalle os resultados do estudo de materialidade, descarga AQUÍ o informe de Análise de Materialidade 2023 do Grupo Nueva Pescanova.
Para revisitar as análises de materialidade anteriores, descargue:
Matriz de relevancia e materialidade coa valoración dos aspectos relevantes e materiais (os de maior relevancia, subliñados no cadro da lenda) resultantes da análise de priorización baseada na consulta coas partes interesadas: