Formación e Desensolvemento
Apostamos pola mellora continua
Cremos que as nosas persoas teñen a liberdade de crear o seu propio futuro, por iso aseguramos o seu desenvolvemento continuo e tratamos de ofrecerlles aos nosos equipos as ferramentas necesarias para o fomento das súas calidades profesionais, así como a mellora continua nas áreas clave para o desempeño das súas funcións.
Apostamos por unha relación a longo prazo co noso equipo, e iso tradúcese en darlle prioridade ao desenvolvemento e á promoción interna para garantir o desenvolvemento do talento ao longo da súa vida profesional no Grupo. A aprendizaxe é unha viaxe que dura toda unha vida no Grupo Nueva Pescanova.
Dotamos as nosas persoas do nivel adecuado de formación, non só nos coñecementos técnicos, senón tamén nas habilidades profesionais necesarias para cumprir cos obxectivos do Grupo. Para iso, a formación adquire un protagonismo principal, como elemento clave da mellora continua dos nosos empregados.